dilluns, 14 de juliol del 2008

XULLO LIBERTARIO,XORNADAS CULTURAIS EN CNT VIGO

As conferencias e proxeccións terán lugar na sede do sindicato en Vigo, na Rua Principe nº 22 (galerias) 1º andar, local 34.


Martes 15, 19:00h: proxección do documental "La guerra Civil Española", de J.C. Dassier e G. Delannoy de 1986.

Documental que sigue as principais accions e batallas da guerra civil a traves de material unico de arquivo, dende a primeira confrontacion en Melilla a rendicion de marzo de 1939.

Mercores 16, 19:30h: Charla "Anarcofeminismo: As casa de mulleres anarquistas", a carrego de Carmen Blanco, escritora e profesora da USC.

"Casas anarquistas de mulleres libertarias", escrito por Carmen Blanco, analisa as diferentes casas de mulleres que se habilitaron despois do golpe de estado do 36 en Galiza como refuxio para a resistencia e a preparación das diversas fugas por mar que organizaba a "Federación Marítima do Noroeste" da CNT. Conta as pequenas historias de mulleres que no salen nos libros, algunha delas foi asasinada por axudar aos compañeiros. Está basado en gran parte nas actas do xuicio militar posterior a matanza de "Atochas-Monte Alto" na Coruña.

Xoves 17, 19:00h: Proxeccion. "Salvador" (Puig Antich), de Manuel Huerga - 2006.

O polemico film que desenrola vida e asasinato de Salvador Puig Antich, membro do MIL (Movemento Iberico de Liberacion). Un dos ultimos asasinados polo rexime de Franco, o filme creou moita polemica nos circulos libertarios e especialmente entre os compañeiros de Salvador no MIL.

Venres 18, 19:30h: Charla: "Fosas Comuns e exhumacións", a cargo de Andres Crespo (arqueólogo da ARMH)

Andres Crespo e arqueologo e mestre de historia e ten participado en moitas exhumacions da Asociacion pola Recuperacion da Memoria Historica.

Sabado 19: Concerto no Centro Social O Fresco de Ponteareas: (Barrio da Ponte nº 9, Ponteareas).

Dende as 23 horas o Punk de "Essenzia de Lapo", o Hardcore de "Rojo Dos" e o death metal de "Fusquenlla".

http://www.cntgaliza.org/?q=node/662